El Peñón:
Café-bar, os seus bocadillos, que serven case a calquera
hora, son o mellor reparador cando as forzas empezan a fallar.
Unha clientela fiel dálle un inconfundible ambiente ó
local.
Gasolinera:
Bonita cafetería decorada en madeira azul, é un
oasis de tranquilidade nun barrio de moita actividade e tráfico
densísimo. Variedade de cafés a escoller, chocolates
e infusións.
London:
Decorado con motivos alusivos á capital británica,
é un pequeno e bonito café frecuentado fundamentalmente
por xoves.