Bella Arosa:
Cafetería de decoración moderna, con dúas
plantas, animada por un constante ir e vir de xente, é
un lugar sinxelo pero agradable, para visitar só ou en
compaña.
París:
É un sitio bonito e tranquilo, aínda que algo afastado
dos lugares máis de moda, con abundancia de madeira na
decoración e algunhas revistas para ler. Á noitiña
funciona case como un pub.
Tarifa:
Bocadillos, hamburguesas e chocolates nesta cafetería á
que adoitan acudir parellas e pandas de xoves. Dispón de
dúas plantas ben aproveitadas e decoradas con sinxeleza.
Gambrinus:
Esta cervexería, pertencente ó grupo Cruz Campo,
está situada no segundo andar do Centro Comercial Arousa.
A súa oferta, ademais de cervexas, inclúe “montados”
e outras comidas lixeiras. Organiza actuacións en directo
as fins de semana.