A normativa básica na que se desenvolven
os Servicios Sociais é:
• CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA de
1978: Establece que “España constitúese
nun Estado Social e Democrático de Dereito”
o que supón o inicio da transformación
do sistema de Servicios Sociais.
• ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA,
Lei Orgánica 1 /1981 do 6 de abril. Supuxo
un paso importante na evolución dos Servicios
Sociais, eliminando o termo “beneficencia”.
• LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL, 7/1985
do 2 de Abril: Ten unha incidencia importante
na área dos servicios sociais, xa que é
a primeira lei que, afectando á estructura
orgánica do Estado, fai referencia expresa
como competencia local ós Servicios Sociais.
• PLAN CONCERTADO. Convenio entre o Ministerio
de Asuntos Sociais e a Comunidade Autónoma
de Galicia para o desenvolvemento das prestacións
básicas de Servicios Sociais das Corporación
Locais.
• LEI 4/1993, de 14 de Abril, DE SERVICIOS
SOCIAIS DE GALICIA. Ten como obxectivo a ordenación
e regulación dun sistema público
de Servicios Sociais na Comunidade Autónoma
Galega.
• DECRETO 240/1995 do 28 de xullo, POLO
QUE SE REGULAN OS SERVICIOS SOCIAIS DE ATENCIÓN
PRIMARIA.
• As distintas Leis, Decretos, Ordenes ou
convocatorias das Axudas que se tramitan e xestionan
no marco habitual dos Servicios Sociais, sexan
de Carácter Municipal, Provincial, Autonómico
ou Estatal.