_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Servicios Sociais / Axuda no Fogar
Este Programa está suxeito ó Regulamento Municipal de Axuda no Fogar de data 18 de setembro de 1998 (modificado o 26 de novembro de 1999).

Obxecto:
O Servicio de Axuda no Fogar está dirixido a toda a poboación, pero ten como prioridade os cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social ou, nos casos de desintegración familiar, facilitándolles a permanencia no seu entorno natural, e evitando a súa posible institucionalización.

Prestacións:
• Atencións domésticas: Tarefas e actividades que se realizan de forma cotián no fogar relacionadas coa alimentación, roupa, limpeza e mantemento da vivenda.
• Atencións de carácter persoal: Inclúe actividades relativas a facilitar apoio social e afectivo, tales como compañía, hixiene persoal, acompañamento a xestións e apoio á mobilización dentro do fogar.
• Atencións psicosociais e educativas. Apoio ó desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a integración na comunidade, así como apoio á estructuración familiar.
• Atencións de carácter técnico e complementario. Xestións ou actuacións que podan ser necesarias, ben para o funcionamento do servicio, ben para que continúe en condicións axeitadas, ou para permitir, co apoio de novas tecnoloxías, unha atención inmediata en situacións de crise ou emerxencia, tales como a teleasistencia e outras actuacións encamiñadas á adecuación funcional do fogar.

Persoal que interveñen no S.A.F:

Adxudicado por concurso público á empresa ASER, interveñen no Programa:
• Os traballadores sociais do Concello.
• Persoal da empresa ASER: Traballadora Social e auxiliares de Axuda no Fogar .

Os traballadores sociais son os que perciben a demanda, realizan o estudio e valoración da situación presentada, deseñan o proxecto de intervención adecuado á mesma e os responsables do seguimento e avaliación do mesmo.

As auxiliares de Axuda no Fogar son as profesionais que se encargan da execución do proxecto de intervención realizando as tarefas de carácter asistencial e educativo en contacto directo co usuario, a súa familia e o entorno.

Existe unha liña de coordinación entre tódalas persoas que interveñen no SAF, tanto para a execución como para a avaliación do mesmo, que se concreta a través da Traballadora Social de ASER.

Tamén existe unha coordinación estreita con outros profesionais do municipio que interveñen de forma indirecta no SAF (sanitarios, etc.)

 

4Participación CIDADÁ
_Escribe á túa ALCALDESA
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»

4DÍA A DÍA
    Jul 2008  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
4ENQUISA
Cal dos concertos de San Roque 08 paréceche máis interesante?
Gogol Bordello
Cómplices
Pereza
Los Suaves
Son de Seu
Pablo Milanés
Ningún
_
P.X.O.M.


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2008. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -