A administración financeira do Concello
corresponde ós departamentos de Intervención
e Tesourería.
O servicio de Intervención desenvolve as
seguintes actividades:
• Fiscalizar tódolos actos, documentos
e expedientes que dean lugar ó recoñecemento
de dereitos e obrigacións de carácter
económico.
• Ordena-los ingresos e pagos que se derivan
dos actos anteriores.
• Intervi-los ingresos e fiscalizar tódolos
actos de contido económico.
Dependente de Intervención é o
servicio de Rendas, que basicamente se encarga
de:
• Liquida-los ingresos municipais (impostos,
taxas, prezos públicos e outros ingresos).
• Realiza-las propostas de resolucións
dos recursos interpostos contra os ingresos municipais
en período voluntario.
• Controla-las altas, baixas e modificacións
dos rexistros
• Rexistra-los cambios de domicilios a efectos
de notificacións.
TESOURERÍA
Dirección
Casa do Concello. Praza de Ravella,
1 – 3ª Planta
36600 – Vilagarcía de Arousa
O departamento de Tesourería ten como funcións
principais as seguintes:
• Manexar e controla-los fondos, valores e
efectos do Concello.
• Realiza-los cobros e pagos que corresponden
ó Concello.
• Exerce-la xefatura do servicio de Recadación,
establecendo os procedementos recadatorios, autorizando
os pliegos de cargo de valores que se entregan ós
recadadores e axentes executivos, dictando as providencias
de apremo nos expedientes deste carácter
e autorizando, cando sexa necesario, a poxa dos
bens embargados.
Dependente da Tesourería, o servicio de
Recadación encárgase de realiza-lo
proceso de cobro dos tributos, prezos públicos
e outros ingresos, e de realiza-las propostas
de resolución dos recursos interpostos
contra os tributos en vía executiva de
constriximento.
O cobro dos tributos efectúase por dúas
vías:
• En período voluntario: dentro dos
prazos legalmente establecidos, recollidos no
Calendario do Contribuínte.
• En período executivo: unha vez
rematado o prazo voluntario, sen que se tivera
satisfeita a débeda, iníciase o
período executivo. Antes de que sexa dictada
a providencia de constrinximento, o pago incluirá
un 10% de recargo, pero se xa foi notificada,
o recargo será do 20%, máis os intereses
de demora devengados e as custas que procedan.
Os pagos en período voluntario poden realizarse
mediante dúas fórmulas:
• Liquidacións, a través das
contas abertas nas oficinas bancarias colaboradoras.
• Recibos, nas oficinas bancarias e tamén
directamente na oficina de Recadación.
Para evitar molestas esperas, recoméndase
a primeira opción, é dicir, a domiciliación
dos recibos nas entidades bancarias e número
de conta que se citan a continuación: