_ Buzón da Alcaldesa Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
A Concellería ultima os trámites para a reapertura do albergue de transeúntes xunto con Cruz Vermella e Cáritas

.- A reapertura do albergue de transeúntes sito na Praza da Constitución está a piques de converterse en realidade xa que as instalacións obtiveron esta mesma semana a preceptiva licenza de apertura. O último trámite administrativo pendente para que o centro poida empezar a funcionar é contar co visto bo da Xunta. Ante a necesidade de contar con este servizo, a Concellería de Igualdade e Benestar Social ten previsto remitir o expediente á Subdirección Xeral de Inspección de Centros a vindeira semana co obxecto de que os seus técnicos revisen as instalacións e dean o permiso coa maior brevidade posible.
A concelleira, Ana Lorenzo, mostrou a súa satisfacción ante a proximidade da reapertura do albergue de transeúntes dada a precariedade na que se ven obrigadas a vivir moitas persoas como consecuencia da crise económica. A responsable da Área de Benestar Social indicou que os eu departamento tratará de que os técnicos de Inspección de Centros visiten canto antes as instalacións para poder face ruso delas.


Froito da colaboración
A reapertura do albergue de transeúntes será posible grazas ó traballo conxunto realizado por Cruz Vermella e a Concellería de Benestar Social que o ano pasado chegaron a un acordo para rehabilitar as instalacións do edificio da organización. O Concello aportou a man de obra mentres que Cruz Vermella financiou a compra dos materiais necesarios e unha pequena subvención autonómica contribuíu a sufragar parte do custe da instalación do elevador. Tras a obras, o novo albergue, que contará con 10 camas, aseos e ducha, está completamente adaptado ós criterios das novas normativas de accesibilidade e habitabilidade.

O centro estará xestionado por Cruz Vermella, que será quen ordenará o aloxamento dos transeúntes. O Concello asinará un convenio de colaboración con esta entidade para contribuír ó financiamento do custe do persoal que haberá que contratar para a atención do centro, así como para outros gastos de mantemento como calefacción e limpeza. Tamén colaborará na iniciativa Cáritas, que se encargará da manutención das persoas aloxadas no albergue a través do Comedor Social que esta entidade ten nas dependencias anexas. Cáritas tamén se ocupará do tema de lavandería da roupa das camas.

As normas de funcionamento do albergue de transeúntes están fixadas nun regulamento máis detallado que o existía na etapa anterior do servizo e que, como entón, limitará as estancias dunha mesma persoa no albergue a tres noites cada quince días. Aparte do servizo que prestará o albergue de transeúntes, os Servizos Sociais municipais seguirán atendendo casos deste tipo, sobre todo de situacións especiais como poden ser as de familias con nenos, para as cales o albergue non sexa o entorno máis axeitado para aloxalos. Nestes casos, e como se viña facendo ata o de agora, seguirase recorrendo a pensións e hostais e tamén se contará coa colaboración da casa de acollida de Cáritas, entidade que xunto con Cruz Vermella, Club de Leones e Fundación Amigos de Galicia, asinou coa Concellería o Protocolo de Colaboración e Coordinación coas entidades do terceiro sector.

Unha atención que se mantivo dende o peche do centro en 2002
Pese a que o albergue de transeúntes da Cruz Vermella pechouse no 2002, este servizo para indixentes e persoas sen fogar que están de paso pola cidade seguiuse prestando. Nun primeiro momento tanto Cruz Vermella como os Servizos Sociais do Concello atendían os casos que demandaban axuda correndo cos gastos de aloxar a estas persoas durante uns días nunha pensión da localidade. Pouco tempo despois de pechar o albergue, a organización tamén deixou de recibir xente demandando este servizo, non así os Servizos Socias do Concello que, a través das axudas de emerxencia social e tras analizar os casos, seguiron a sufragar o aloxamento temporal de persoas sen fogar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe á túa ALCALDESA
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2010  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
4ENQUISA
Cal é a túa valoración sobre a programación das festas de San Roque 2010?
Moi boa
Boa
Regular
Mala
_
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2010. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -