_ Buzón da Alcaldesa Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MULLER
Convocada a II Marathón Fotográfica pola Igualdade dentro dos actos conmemorativos do 8 de Marzo

O sábado, 13 de marzo, é o día elixido pola Concellería da Muller para celebrar a II Marathón Fotográfica pola Igualdade, un orixinal evento posto en marcha o pasado ano e que se enmarca dentro dos actos conmemorativos do 8 de Marzo, Día da Muller. Durante toda a xornada, os participantes deberán tomar as imaxes que crean oportunas para ilustrar calquera aspecto que reflicta a temática global da igualdade de xénero no mundo laboral. Establécense dous premios ás mellores imaxes dotados con 400 e 200 euros.
A través desta iniciativa, o departamento que dirixe Victoria Hierro pretende utilizar a fotografía como unha ferramenta para promover a reflexión e a creatividade sobre a temática da igualdade de xénero en relación ao mundo do traballo. A implicación de toda a sociedade na procura da igualdade é a condición necesaria para que esta igualdade pase do plano do formal, das leis, ao plano do real, da vida cotiá. Por eso animan á participación confiando en que a Marathón pola Igualdade sexa un motivo para o encontro e a participación festiva na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos.

A temática xeral desta singular Marathón Fotográfica será a igualdade de xénero en relación ao mundo do traballo. Non obstante, o concurso desenvolverase en catro temas concretos que se darán a coñecer pola organización ao principio da proba. Os concursantes, que deberán contar con cámara dixital, terán que ir pasando unha serie de controis ao longo da xornada e todos deberán realizar fotografías sobre os catro temas propostos. A organización facilitaralles ao remate da proba os ordenadores e o soporte dixital precisos para descargar as fotos coas que concursarán. Cada participante deberá presentar unha foto en cada un dos catro apartados temáticos propostos e presentalas título para que o xurado poida avaliar os traballos.

Poderán participar nesta proba todas aquelas persoas amantes ou afeccionadas á fotografía (os fotógrafos profesionais quedan fóra da convocatoria), co único requisito de ter formalizada previamente a correspondente inscrición. Este trámite deberán facelo directamente nas dependencias da Concellería da Muller, a través do mail muller@vilagarcia.es , por correo ordinario dirixido á Concellería da Muller, Praza de Ravella 1 CP 36.600ou ou mediante o envío dun fax ó número 986512226. O prazo de inscrición xa está aberto e remata o 5 de marzo. O formulario para anotarse pode recollerse na Concellería ou imprimir do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.es .

Bases completas da Marathón Fotográfica:
4Participación CIDADÁ
_Escribe á túa ALCALDESA
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2010  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
4ENQUISA
Cal é a túa valoración sobre a programación das festas de San Roque 2010?
Moi boa
Boa
Regular
Mala
_
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2010. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -