_ Buzón da Alcaldesa Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
A publicación de “Antítese nativa”, o poemario gañador do Premio Suso Vaamonde, xa saíu da imprenta

A Fundación Amigos de Galicia en colaboración co Concello de Vilagarcía vén de editar “Antítese nativa” o poemario co que Manuel L. Rodrígues obtivo o Premio de Poesía Suso Vaamonde 2008. Cunha tirada de 1.500 exemplares, a publicación foi presentada en Vilagarcía por parte do concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, e o presidente de Amigos de Galicia, Jesús Busto.
Tanto Castro Ratón como Jesús Busto salientaron a importancia que este tipo de premios teñen de cara a incentivar a creación literaria en galego e como descubridores de novos talentos das nosas letras. De feito, o presidente de Amigos de Galicia lembrou que boa parte dos autores que gañaron este premio ao longo das súas XII edicións anteriores, descoñecidos no seu día, despuntaron máis tarde como grandes poetas e literatos. Este é o caso de Marta Costa, a gañadora da primeira edición do certame ou Anxo Angueira, por citar algúns nomes.

Manuel L. Rodrígues é o autor de “Antítese nativa”. Membro do Colectivo Literario Sacou, este noiés de 30 anos xa conta no seu haber con varios premios literarios e ten participado no World Poetry Day en Santiago de Compostela convidado polo Pen Clube de Galicia. O escritor colaborou na antoloxía “21 poemas por man propia” da Colección Bourel e en diversas revistas, sendo “Antítese nativa” o primeiro libro individual que publica.

A parte da publicación da obra, o Premio de Poesía Suso Vaamonde está dotado con 1.000 euros. Os 1.500 libros publicados terán como destinatario bibliotecas públicas e centros educativos xa que o primeiro obxectivo da Fundación é divulgar a obra.

Amigos de Galicia tamén editou un libro que recolle os traballos gañadores do VIII Premio de Relatos Curtos e Contos “Daniel Hortas”, así como as obras vencedoras no IV Premio de Pintura e Debuxo “Fundación Amigos de Galicia” para estudantes. Neste caso, a tirada da edición é de 2.700 exemplares que tamén se distribuirán entre bibliotecas e centros educativos.

Premio Musical
A presentación pública destas dúas publicacións levarase a cabo dentro duns días en Vilagarcía nun acto no que estarán presentes os premiados. Tamén na nosa cidade se fallará o I Premio Musical Suso Vaamonde, no que participan algo máis de trinta composicións inéditas que serán avaliadas por un xurado integrado por músicos profesionais de Galicia. Os traballos gañadores serán premiados coa edición dun CD.
4Participación CIDADÁ
_Escribe á túa ALCALDESA
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2010  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
4ENQUISA
Onde cres que debe celebrarse a Vilagarcía Basket Cup?
No pavillón de Fexdega
No pavillón de Fontecarmoa
_
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2010. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -