_ Buzón da Alcaldesa Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
A sala Rivas Briones acolle a mostra benéfica Caritarte 07, na que participan oitenta e oito artistas

O arte vístese de solidariedade este mes de novembro coa exposición benéfica Caritarte’07, que se poderá visitar na sala Rivas Briones entre o 10 e o 30 de novembro. Un total de oitenta e oito artistas colaboran con Cáritas Interparroquial de Arousa nesta iniciativa que ten coma obxectivo recadar fondos cos que colaborar no financiamento dos programas, servizos ou necesidades da organización.
O Concello de Vilagarcía colabora, a través da Concellería de Cultura, con Caritarte 07. O seu titular, Xosé Castro Ratón, xunto co presidente de Cáritas Interparroquial de Arousa, Francisco Fernández, e do fotógrafo José Luíz Oubiña, comisario da mostra, presentaron esta nova edición da exposición de arte solidaria.

A mostra componse de 95 obras, maioritariamente de pintura, aínda que tamén hai fotografía, escultura, debuxo, gravado e maquetas. A meirande parte dos artistas que participan nesta terceira edición de Caritarte son de Vilagarcía e da súa bisbarra, aínda que hai representantes de toda Galicia. Este ano a mostra da un pequeno salto cara a internacionalización, xa que tamén participan nela un pintor mexicano e outro canadense.

Entre os artistas que colgan a súa obra en Caritarte’07 atópanse o debuxante Gogue; os escultores Elías Cochón, Enrique Conde, Manolo Chazo e José Manuel Grangel; os fotógrafos Anxo Abalo, José Luíz Oubiña, Iñaki Abella, Peto leal, Mónica Irago, Xosé Rañó, Miguel Riopa e Martina Míser; e os pintores Xurxo Alonso, Fernando Arenaz, Fausto García, Vítor Mejuto, Anxo Pastor, Manolo Paz, Xurxo Romero, Lino Silva, Víctor Rúa e Saúl Otero , entre outros moitos.

As obras de arte póñense á venta a prezos que van dende os 100 aos 7.500 euros. Os ingresos polas ventas repartiranse a un 50% entre os autores e Cáritas, tendo a posibilidade os artistas de doar o 100% do importe á organización benéfica. A intención de Cáritas e destinar os cartos que obteñan á compra de electrodomésticos e menaxe de cociña para o Comedor Social que xestionan na sede da Praza da Constitución. O equipamento que precisa a organización debido ó elevado número de usuarios cos que conta, e que se veu incrementado moito nos últimos tempos, componse dunha máquina mondadora de patatas, unha fritidora e olas e potas grandes.

Nas primeira edición de Caritarte participaron cincuenta e un artistas e se recadaron 3.250 euros, que foron dedicados a financiar a compra dunha neveira industrial e de diverso material para poñer en marcha o invernadoiro da Casa de Acollida que Cáritas ten en Sobrán. A participación incrementouse a setenta e oito artista o ano pasado, cando se recadaron 6.200 euros cos que se mercou un tractor de segunda man para o invernadoiro destinado a reinserción de persoas sen fogar.

O horario de visitas da mostra é de 10:30 a 13:30 horas pola mañá, e de 18:00 a 21:00 horas pola tarde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe á túa ALCALDESA
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2010  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
4ENQUISA
Cal é a túa valoración sobre a programación das festas de San Roque 2010?
Moi boa
Boa
Regular
Mala
_
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2010. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -