_ Buzón da Alcaldesa Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O Concello convoca o cuarto premio de poesía “Fermín Bouza Brey”, dotado con 3.000 euros

O Concello de Vilagarcía vén de convocar o cuarto premio “•Fermín Bouza Brey”, considerado como un dos galardóns máis importantes en lingua galega, na modalidade de poesía. A este premio poderán concorrer todos os poetas que o desexen, cun poemario inédito dunha extensión mínima de 400 versos, escritos en galego.
Os participantes deberán enviar cinco exemplares mecanografados do poemario, sen remite identificador, ó Concello de Vilagarcía. Os poemarios deberán levar un lema. Este mesmo lema figurará no exterior dun sobre que se remitirá conxuntamente coa obra e no interior do cal se fará constar os datos persoais do participante. O prazo de presentación das obras rematará o venres, día 30 de marzo, ás 13.30 horas.

O “Fermín Bouza Brey” está dotado cun premio único e indivisible de 3.000 euros. As bases establecen que este premio non se poderá deixar deserto. O xurado será designado polo Concello e estará composto por destacadas personalidades da poesía e a cultura galegas.

O fallo do xurado darase a coñecer o sábado, día 12 de maio, e a entrega do premio terá lugar o 17 de maio, día das letras Galegas, nun acto público que se desenvolverá no salón nobre da casa do Concello. O Concello de Vilagarcía resérvase os dereitos da obra premiada. As obras non gañadoras serán destruídas.

Para promover unha ampla participación, o Concello enviará correos electrónicos a 1.500 escritores da nosa comunidade informando desta convocatoria. Tamén se remitirán as bases a outros Concellos. As bases íntegras da convocatoria atópanse no seguinte PDF.
4Participación CIDADÁ
_Escribe á túa ALCALDESA
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2010  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
4ENQUISA
Cal é a túa valoración sobre a programación das festas de San Roque 2010?
Moi boa
Boa
Regular
Mala
_
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2010. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -