_ Buzón da Alcaldesa Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
ALBAROUSA CELEBRA ESTE ANO O SEU 25 ANIVERSARIO CON NOVOS STANDS E CONTIDOS

A praza da Peixería volverá acoller este ano, entre o 11 e o 21 de agosto, a mostra do albariño Alabarousa, que para celebrar a súa edición número 25 estreará novas casetas de degustación e contidos. O pregón da festa será lido por José Luis Vilela Conde, director da Voz de Galicia. Na mostra participarán unhas 30 bodegas, e entre 50 e 60 están anotadas para a cata.
Antonio Neira, máximo representante da organización, explicou na presentación do evento que coa axuda de institucións públicas e entidades privadas se inaugurarán unhas casetas totalmente novas, e se habilitarán cen asentos máis no recinto. Ademais, farase un posto para as entidades benéficas e ONGs do municipio, no que poderán dar a coñecer as súas actividades e recadar fondos mediante a elaboración e venda de postres, que complementarán a oferta da feira.

A carón da mostra celebrarase, como todos os anos, unha Semana Gastronómica na que poderán degustarse unha ampla variedade de produtos da gastronomía galega. A novidade deste ano son os lombos de bacallao á pedra, o “lomo al ajillo” e a orella de porco, que se incorporan a unha oferta que inclúe as chuletas á pedra, as filloas, chourizos, lombo, embutidos ibéricos, queixo, etc.

A oferta vinícola e gastronómica complétase coa celebración de queimadas e as actuacións de grupos folclóricos. A organización agarda repetir os excelentes resultados do pasado ano, en que se alcanzou a cifra de 100.000 visitas.

Pola súa banda o concelleiro de Cultura e Turismo, Roberto Araújo, salientou que a mostra é unha das propostas o con máis éxito dentro do programa de Verán Vilagarcía e que coa organización deste e outros actos, se conseguiu este ano un logro tan importante como a declaración das festas de Vilagarcía como de Interés Turístico Nacional. Araújo recalcou que Albarousa é un éxito para todos e que del tamén se benefician os establecementos hostaleiros do municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe á túa ALCALDESA
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2010  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
4ENQUISA
Onde cres que debe celebrarse a Vilagarcía Basket Cup?
No pavillón de Fexdega
No pavillón de Fontecarmoa
_
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2010. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -