|
A Área de Igualdade e Benestar por en marcha a partir do vindeiro luns, día 13 de setembro, unha nova edición do programa Conciliatardes-Tardes coa Infancia. Trinta nenos e nenas de 3 a 9 anos de idade beneficiaranse desta iniciativa que ten como obxectivo ofrecer aos pais e nais do municipio que traballan fóra da casa unha alternativa que favorece a conciliación da vida persoal e laboral das familias e que garante a atención dos seus fillos fóra do horario escolar. |